GAP BIKE I-II
Clase de acondicionamento físico que se fundamenta no desenvolvemento dun traballo cardiovascular a través dunha bicicleta de deseño especial, sendo dirixida por un instrutor.
GAP BODY FLEX
¿ Perdiches a harmonía ao respirar cando fas un movemento? Esta actividade é perfecta para recuperala. Fundaméntase nos principios do Ioga, Tai Chi, e o método Pilates, entre outras técnicas de relaxación cunha soa finalidade, que corpo e mente compórtense como un.
GAP FITPOWER
Clase de tonificación muscular intensa na que se traballan todos os grupos musculares con cargas moderadas. Para o seu desenvolvemento utilízase fundamentalmente o step e o set de Workpower (barra e discos de peso).
Poderiamos dicir que é a sala de pesas levada ás clases dirixidas.
Recomendado para aquelas persoas que buscan unha clase de tonificación
(adestramento de forza-resistencia) máis intensa.
fight box FIT PILATES
Reforza e tonifica os músculos, dá mobilidade ás articulacións, achega
flexibilidade e equilibrio, traballa o corpo desde a musculatura máis
profunda até a máis periférica, e no que interveñen tanto a mente
como o corpo. Os seus principios básicos son:
- Respiración -Fluidez -Precisión -Control -Aliñación.
fight box STEP, LATINOS, AEROBIC

É unha divertida forma de exercitarse a través de secuencias coreográficas que combinan diversos xéneros musicais e elementos da ximnasia.

GAP G.A.P
Clase de tonificación muscular cunha orientación específica cara ao traballo de glúteos, abdominais e pernas.
Recomendado para todas aquelas persoas que buscan un traballo máis específico nestas zonas musculares.
GAP BODYBOX
Constitúe unha divertida combinación de exercicio físico con artes marciais como: Kick Boxing, Karate, Kung Fu, Tai-Chi, Full Contact, Taekwondo, etc . O que resulta é unha entrenida actividade de traballo aeróbico que emprega coreografías e movementos a base de puños e patadas.
AQUAFIT
O fitness acuático non só ofrece eficiencia, satisfacción, seguridade e diversión, senón tamén a posibilidade de adestrar a calquera nivel de intensidade.
Parellas ou amigos con diferentes niveis de fitness poden traballar xuntos, indo cada un ao seu ritmo. Mediante o fitness acuático, os deportistas lesionados poden manter a súa forma mentres esperan a súa recuperación. A auga fai presión coa mesma forza coa que é desprazada, o que facilita a práctica de exercicios suaves ou intensos.
indoor